dende fai un tempo andaba a sacar algo así. fotos urbanas. pero como todavía son un novato neste ámbito (e en 50 máis...) e non me atrevo, polo momento, a pedirlle á xente que pose para a cámara. vinme "obrigado" a ir pola rúa co 300mm disparándolle á xente descoñecida completamente allea a miña presencia.
o final non resultou tan mal a primeira experiencia nesta modalidade (creo eu...) e publico unha serie de fotos de persoas maiores, que non sei se por ben ou por mal, algo lles anda na cabeza. mentres daba voltas entre foto e foto, pasei todo o tempo roñando o que poderían estar pensando eles... e cando ía pra casa atopei un par de libros de "atrezzo" nunha estantería dunha tenda de mobles preto do meu portal, e voilá!!! vin a solución: Grandes ideas en espazos urbanos.
ese é o título que decidín poñerlle a esta serie. non sei se será verdade, pero prefiro pensar que si...